Na mañá de hoxe, o alumnado de 3º EP foi a presentar á clase de 2º EP todos os seus traballos de Ciencias relativos á Terra, Atmosfera, Ciclo da Auga e as Estacións Meteorolóxicas.
Unha vez rematada a data de presentación, os/as nenos/as de 3º foron á clase de 2º a ensinar e expoñer seus traballos. Cunha pequena explicación por parte dos/as profes, en qué consistía a actividade, logo, os pequenos/as dicían un número ao chou, e o/a alumno/a coincidinte con ese número da lista de clase de 3º expoñía seu traballo.
Durante unha clase expuxéronse, un mínimo de 4 traballos, (1 de cada tema) e un traballo extra de cada tema, sendo 8 en total. A clase de 2º de primaria estivo súper atenta e participativa, escoitando e facendo preguntas aos que expoñían.
Foi unha mañá moi gratificante, e tanto os maiores coma os pequenos quedaron encantados co proxecto de investigación e de exposición.
Seguiremos facendo actividades así!